Patacas "das que non son fritas" e tomates de Mondoñedo para Kiss

O batería de Scorpions Mikkey Dee mostrouse moi accesible no backstage, onde serviu Galipizza

Mikkey Dee con personal de Galipizza en el backstage. AMA (Resurrection Fest 2018)
photo_camera Mikkey Dee con persoal de Galipizza no backstage. AMA

A empresa Galipizza foi a encargada un ano máis de servir comida no backstage do Resurrection Fest, onde montou un bufé libre. Ademais tivo que habilitar un comedor na zona de camerinos para a cea de Kiss, que pediu zancos de pito asados, brócoli, arroz branco, espaguetis boloñesa, menestra, patacas "das que non son fritas" con estas mesmas palabras, segundo asegura o xerente, José Manuel Vázquez, Leman, "ou sexa, cocidas, que lles encantaron", e tenreira asada, que "tamén lles encantou e houbo que repoñer". Ademais a empresa serviulles por iniciativa propia tomates da horta de Mondoñedo e o combinado de mariscos de As Tixolas.

"O único que non comeron foi o lagostino, como se souberan que non era galego", comenta.

Despois do concerto o equipo pediu hamburguesa de cachena e pizzas familiares de queixo, romana, pepperoni, bacon, de zorza, de polbo e de Friol. "En xeral todos os managers felicitáronnos polo menú", di Leman.

Doutra banda no backstage estivo moi accesible a actual batería de Scorpions, Mikkey Dee, e Dave Mustaine de Megadeth foi a comer a As Tixolas.

Comentarios