¿Pasámonos ou quedamos curtos coas festas e festivais para este verán?

Na Mariña todas as grandes citas suspendéronse ou intentan reformularlas con probas e eventos testemuñais  Charangas e verbenas piloto contrastan con anuncios de festivais e destacados grupos en cartel na veciña Navia ou en Culleredo
El grupo M-clan, durante una actuación
photo_camera M Clan, un da cabeza de cartel do concerto de Navia do mes próximo. AEP

A nova normalidade estival está no aire e mentres para diversos eventos como as verbenas ou festas gastronómicas anúncianse probas piloto ou formatos reducidos, segundo evolucione a pandemia, noutros lugares pecharon carteis musicais repletos de estrelas. Que este ano non sexa viable un multitudinario Resurrection Fest en Viveiro non quita que os seus organizadores estean detrás doutros como o Morriña Fest que se celebrará en agosto en Culleredo encabezado por Love of Lesbian ou que no veciño occidente asturiano programen do 23 ao 25 de xullo o Navia Soa, cunha nómina de grupos moi zumenta: Taburete, M Clan, Kiko Veleno, Rodrigo Cuevas, Filla da Lúa e Luar na Lubre. E véndanse as entradas cun dos reclamos de moda: festival sostible e en condicións de distanciamento covid.

A limitación de aforamentos parece fundamental pero a música ábrese paso de novo, incluíndo un mercado de deseño e arte. Pero hai outros eventos, gastronómicos incluso, que teñen anunciada a súa celebración. Entre os máis inmediatos e tamén na contorna Cantábrica, figura unha xornada de promoción do bonito de Santoña que, con degustación gratuíta, promociona Peixes e Mariscos de España, da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, co apoio do Ministerio de Pesca. "Vémonos pronto", é a mensaxe.

Trátase dunha xornada de diferenciación do produto pero aquí, respecto da Feira do Bonito, declarada de Interese Turístico Nacional, o Concello de Burela pediu colaboración á Axencia de Turismo de Galicia para non deixala pasar este ano e ofrecela, do mesmo xeito que o certame de pintura mural Amarche, nalgún formato seguro ou compatible coa prevención fronte ao covid-19.

De momento, as probas de verbena, como a deste sábado en Mondoñedo e outros puntos de Galicia, non parece que arrastren maior entusiasmo entre as comisións de festas. Algunhas das consultadas na Mariña din que ademais dos permisos e complicacións polo covid, o establecer separacións moi estritas entre os asistentes aos bailes é farto complicado e a obrigación de deixar fose do campo de festa aos clásicos botiquines non axuda. A dispoñibilidade das empresas locais e veciños para contribuír coas súas doazóns a uns festexos dubidosos tamén bota para atrás a moitos ramistas, a pesar de que en localidades importantes tiñan contratadas doutros anos orquestras de fuste. "Todo o máis solicitariamos ao Concello contribución para que veña algunha charanga que anime as rúas durante o día do patrón", confesa o experimentado presidente dunha comisión.

AFORAMENTO CONTROLADO. O aforamento controlado, como se fixo en Burela cos concertos da Osa do Mar polo Día das Letras ou o grupo de versións Nostálxica, con motivo das festas patronais, sería o máis factible de ver en moitas localidades mariñás, xa que o San Xoán tamén resultará frío ao non permitirse as fogueiras en lugares públicos.

E os concertos máis zumentos serán de pago e tamén con aforamento controlado. No festival de Culleredo, ademais de strong<> Love of Lesbian, rotaranse artistas de gran tirón de público como Nathy Peluso, Amaral, Morat, A M.O.D.A., Lola Índigo, True Mountains ou Moza Sobresalto.

Comentarios