O litoral da Mariña afronta este martes outra alerta laranxa por ondas de 5 a 6 metros

O avisou actívase en nivel amarelo ás tres da madrugada e elévase a laranxa ás nove da mañá
Oleaje en A Mariña la semana pasada. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Ondada na Mariña a semana pasada. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O litoral da Mariña e parte do da Coruña afrontan de novo este martes un aviso de nivel laranxa por ondas de entre cinco e seis metros de altura, que será amarelo nas Rías Baixas. Atendendo ao boletín con alertas publicado por Meteogalicia, a orixe está nun centro de baixas presións situado ao noroeste de Galicia. 

Así, entre as 3.00 e as 9.00 horas o aviso será amarelo na Mariña, Costa da Morte e o noroeste do litoral coruñés por ondas de catro a cinco metros, tras o que pasará a laranxa por mar de fondo do noroeste con ondas de cinco a seis. Mentres, nas Rías Baixas o aviso amarelo activarase desde as 12.00 horas por ondas de catro a cinco metros.

Prolóngase así a inestabilidade pola que na xornada do pasado domingo se decretou unha alerta laranxa no mar, que se resolveu cun ondada duns tres metros pero non tivo maiores consecuencias. 

Comentarios