Unha parella holandesa compra a aldea de Riotorto que recomendara Gwyneth Paltrow

O prezo ascendeu ata os 150.000 euros

Aldea abandonada en Riotorto. ALDEAS ABANDONADAS REAL ESTATE
photo_camera Aldea abandonada en Riotorto. ALDEAS ABANDONADAS REAL ESTá

Unha parella holandesa comprou a aldea abandonada de Riotorto que recomendara Gwyneth Paltrow como agasallo de Nadal. O matrimonio, de 60 e 65 anos, fíxose coa propiedade que asinará despois do Nadal.

O prezo do lugar ascendeu ata os 149.500 euros e incluía unha leira de 13.000 metros cadrados con tres vivendas e algunhas construcións adxacentes como adega, hórreo ou unha palleira, entre outros.

Os compradores pensan usar a aldea como residencia privada ocasional para eles e outras familias. O lugar levaba abandonado máis de 30 anos.

Comentarios