Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

Uns pais conseguen que as súas fillas xemelgas vaian xuntas a clase en Viveiro

Varios pais levan aos seus fillos ao colexio. AEP
Varios pais levan aos seus fillos ao colexio. AEP

A Valedora do Pobo enviou un infome á Consellería de Educación no que recomendaba flexibilidade para estes casos

VIVEIRO. A pelexa emprendida por uns pais de Viveiro para que as súas fillas xemelgas puidesen ir xuntas á mesma clase no colexio Lois Tobío tivo un resultado favorable. Desde o centro de ensino falaron coa nai, Lida Feal, para asegurarlle que as súas dúas fillas cursarán segundo de primaria na mesma aula.

Feal tivo que acudir a todas as instancias educativas e á Valedora do Pobo. Esta última fixo chegar un informe á Consellería de Educación que senta cátedra, xa que nel a Xunta asegura que enviará a todos os centros educativos de Galicia a «recomendación» de que «as decisións relativas á separación ou agrupamento na mesma aula do alumnado nado de partos múltiples non se estableza a priori nas normas de organización e funcionamento dos centros», senón que se adopten «dun xeito flexible e aberto, con carácter revisable» e co consenso de todas as partes.

Uns pais conseguen que as súas fillas xemelgas vaian xuntas a clase...
Comentarios