A corporación municipal ribadense volvería contar con 13 concelleiros a partir das eleccións do próximo ano se se mantén a tendencia do padrón dos últimos anos, que apunta que a poboación de Ribadeo se asenta por baixo dos 10.000 veciños, cifra de corte que marque un pleno municipal composto por 17 edís.
Ribadeo conseguiu superar lixeiramente esa cifra de 10.000 habitantes o 31 de decembro do 2014, cando se fixou o padrón que serviu de base para configurar a corporación deste último mandato, que finalizará en maio.
Foi practicamente conxuntural porque, normalmente, Ribadeo móvese nunhas cifras oficiais que sitúan o seu censo un pouco por baixo desa liña de 10.000 habitantes. A diferenza de 13 a 17 concelleiros afecta o diñeiro que recibe o Concello pero si politicamente: necesítanse máis votos para lograr o primeiro edil.