Unha ourolesa atopa tres crías de xabaril devoradas preto de casas

Cre que o causante é o lobo
undefined
photo_camera Un dos animais mortos. EP

Unha veciña da parroquia ourolesa de Merille atopou tres crías de xabaril mortas "e unha delas descortizada" ao saír a camiñar co seu can este domingo por unha pista entre dous grupos de casas no lugar de Cruz das Leiras. Cre que o causante é lobo e alertou dos feitos á Garda Civil.

Rosa Pajón móstrase impactada co macabro achado aínda que ao repetirse os ataques pola zona xa se esperaba que algún día podía ver algo así. "Antes ía con moita frecuencia andar polo monte e agora xa non vou porque teño medo", recoñece, "sorprendida" porque isto sucedese "tan cerca das casas e ao lado da estrada".

A veciña pide un esforzo aos políticos para atallar este problema, que ve agravarse. "Agora están a atacar aos animais, pero nalgún momento poden atacar unha persoa e lamentarémonos; estase vendo vir", di, para engadir que "está ben que o protexan, pero onde non haxa casas. E por que vale máis a vida dun lobo que a dun becerro ou unha ovella?", pregúntase.

Máis en A Mariña
Comentarios