Otero Rodríguez, novo presidente da Federación de Confrarías de Lugo

A xornada electoral deste venres desenvolveuse sen incidencias

Basilio Otero, no porto de Burela. EP
photo_camera Basilio Otero, no porto de Burela. EP

O burelense José Basilio Otero Rodríguez foi elixido este ventes presidente da Federación Provincial das Confrarías de Pescadores de Lugo.

A xornada electoral desenvolveuse sen incidencias. Este proceso é unha continuación do iniciado coa elección dos 63 patróns e vicepatróns maiores nas outras tantas confrarías de pescadores. 

Javier Sánchez Fernández, de San Ciprián, será o vicepresidente primeiro mentres que Domingo Rey Seijas, de Celeiro, converteuse no vicepresidente segundo.

Os tres vogais que representarán a confraría na Federación Galega serán Balseiro Ferreiros Jacobo, de San Ciprián, Alfonso González Piñón, de Celeiro, e Leo López López, de Foz.

Os outros membros do comité executivo son Javier Martínez Otero, de Ribadeo, Leopoldo López López, de Foz, e Luz María Martínez Losada, de Ribadeo.

Comentarios