jueves. 28.10.2021 |
El tiempo
jueves. 28.10.2021
El tiempo

A Osa do Mar ameniza Burela e convértese en escaparate do indie galego

Actuación de Blanco Palamera. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Actuación de Blanco Palamera. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Blanco Palamera, Verto, Nena Polaca e The Rapants foron os pratos fortes da cita

A asociación Fanto Fantini puxo o punto final a unha nova edición do festival Osa do Mar. Fíxoo nunha xornada moi completa na que o ceo se mostrou ameazante durante todo o día pero que permitiu o desenvolvemento das actuacións un pouco como xa sucedera na noite do venres.

O cartel elixido para este segundo día acabou por converterse nun estupendo escaparate da música indie que se está facendo agora en Galicia en distintas vertentes. Non estiveron todos os que son pero si son todos os acudiron ao gran escenario montado para un festival que desafiou á pandemia.

Onte houbo sesión vermú. Amenizárona Moura e Black Friday. Pola noite empezou a música ás oito e media con Branco Palamera e posteriormente fóronse sucedendo as actuacións de Verto, Niña Polaca e The Rapants, deixando un gran sabor de boca entre o público asistente.

A Osa do Mar ameniza Burela e convértese en escaparate do indie galego
comentarios