Ondas de ata seis metros e múltiples incidencias polo forte vento

O temporal provocou múltiples incidentes en diversas localidades da Mariña
Una ola rompe contra el faro de Burela.AMA
photo_camera Una ola rompe contra el faro de Burela.AMA

O temporal de vento e choiva das últimas horas provocou o desprendemento de chapas en catro inmobles de Burela. Afectou ao situado na avenida Arcadio Pardiñas, encima da Pizzbur; a outro situado á entrada da localidade, xunto a un establecemento chinés; tamén ao número 77 de cálea Rosalía de Castro; e nun patio de luces. Os bombeiros de Barreiros acudiron para retirar e suxeitar as chapas contando co apoio de Protección Civil e a colaboración da Policía Local para regular o tráfico.

O vento tamén causou a caída de cascotes nunha casa non habitable situada na rúa Rodríguez Murias de Ribadeo. A Policía Local avisou á persoa propietaria para que se faga cargo do mantemento do inmoble que está en mal estado, ademais de sinalizar a zona para advertir aos viandantes de que deben tomar precaución ao pasar pola zona.

Unha ampla zona de Ribadeo sufriu ademais un apagamento da iluminación pública, que afectou as avenidas de Galicia, Asturias, a Praza de España e a rúa Ramón González entre outras. Os bombeiros de Barreiros acudiron pola tarde á vila para suxeitar as ancoraxes dun tubo de gas na avenida Rosalía de Castro.

SABER MÁS | Unha estrada 'nevada' en cabo Burela

O vendaval desprazou ademais colectores en diferentes puntos da localidade ribadense, igual que ocorreu na vila de Foz, onde os axentes da Policía Local recibiron avisos da caída de postes de telefonía en Fazouro e Cangas. Os refachos máis fortes de Galicia medíronse no Penedo do Galo de Viveiro, ata 87,8 quilómetros por hora. O vento tamén desprazou colectores en diferentes puntos da localidade ribadense, igual que ocorreu na vila de Foz, onde ademais os axentes da Policía Local recibiron avisos da caída de postes de telefonía en Fazouro e Cangas. Nesta última parroquia esborrallouse unha árbore sobre a vía de Feve, que non foi despexada ata preto da unha da tarde para restablecer o tráfico ferroviario. Momentaneamente fixéronse traslados por estrada.

A flota pesqueira estivo a resgardo e reforzáronse cabos debido á media vaga de mar e ondas de ata seis metros que chegaron a salpicar a estrada costeira de Burela a San Cibrao. Unha gran onda rompía na mesma bocana do porto burelense. As precipitacións, incluso granizadas intermitentes, foron especialmente copiosas en  A Pontenova, con 27 litros por metro cadrado, as máis intensas da comunidade, segundo Meteogalicia, e en Riotorto (21 litros).

Por outra banda, dentro da información de sucesos, resaltar o incendio nunha cheminea dunha vivenda na Rúa do Chope de San Cibrao, sen afectar a ningunha outra parte da casa. Ocorreu pasadas as cinco da tarde e os bombeiros do parque de Viveiro, o GES de Cervo, a Policía Local e a Garda Civil acudiron por se era necesaria a súa intervención. 

Comentarios