miércoles. 24.07.2019 |
El tiempo
miércoles. 24.07.2019
El tiempo

Oca Hotels abre unhas catro estrelas con vistas á praia da Rapadoira

Establecemento de Oca Hotels en Foz. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Establecemento de Oca Hotels en Foz. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O establecemento de Foz será un "referente" e "unha aposta estratéxica" da cadea

A cadea galega Oca Hotels abriu este mércores en Foz un novo establecemento que destaca pola súa inmellorable localización en primeira liña da praia da Rapadoira, polo que ten unhas vistas espectaculares. O catro estrelas, o primeiro da localidade, nace para converterse en toda unha referencia, ao que contribuirá a súa situación no epicentro da Mariña lucense.

O director da cadea, Ramón Braña, destaca que garantirá o descanso e os servizos que ofrece a marca, dentro dunha "aposta estratéxica de Oca, que estamos seguros que fidelizará a turistas nacionais e internacionais". Non en balde, todas as súas 39 habitacións de todo tipo -dobres, triples ou junior (para familias de dous adultos e dous nenos)- teñen vistas ao mar e unha pequena terraza.

Un atractivo engadido será o circuíto acuático composto por ducha peeling, piscina activa con camas de auga, asentos de hidromasaxe, colos de cisne, fervenzas, hidromasaxe de parede e géiser, sauna seca e húmida, así como duchas cubo, nebulizada e alternante de contraste. A sesión culmina en tumbonas quentes con vistas ao mar, pero os clientes tamén teñen á súa disposición un ximnasio e tratamentos corporais, faciais e masaxes.

Pretende captar viaxeiros esixentes que buscan sol e natureza en destinos sen masificar

A estética do inmoble, propiedade dos Molineros e arrendado por Oca, que asume a xestión, adáptase á contorna cunha altura acorde de tres plantas na área de aloxamento e dous na de restauración. Con decoración moderna e funcional está deseñado para agradar e gozar con todos os sentidos. "A categoría catro estrelas realzará en Foz o turismo vacacional e de negocios, que debe ter un crecemento importante pola proximidade a localidades como Burela ou Ribadeo", di Braña.

O establecemento dispón ademais dun garaxe con prazas para 50 vehículos e unha terraza na planta superior, que abrirá na época estival e está destinada a ser un dos puntos de encontro do verán focense. O fin é crear un espazo diferente para tomar aperitivos, cear e con ambientación musical. No estío tamén funcionará a súa piscina exterior.

Os altos estándares de calidade pretenden "captar viaxeiros esixentes que buscan sol e praia en destinos pouco masificados. Foz brinda así a oportunidade de ofrecer historia, natureza, lecer e Galicia en estado puro".

Unha aposta pola gastronomía local de calidade
No número 17 da Avenida do Cantábrico de Foz, o restaurante do Oca primará o produto local de calidade, ademais de dispor dunha área de gastrobar e para tomar cócteles. 

300 persoas 
É a capacidade dos salóns de restauración e eventos de que dispón o establecemento focense. Arrinca cun persoal inicial de 14 persoas.

Oca Hotels abre unhas catro estrelas con vistas á praia da Rapadoira
Comentarios