Obxectivo: deter a conta atrás

Coa data para o Ere de Alcoa encima da mesa, o comité espera que o Goberno achegue este martes unha solución de urxencia para evitar o peche da fábrica e aposta pola súa intervención
Andaina nocturna contra los despidos de Alcoa. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Andaina nocturna contra os despedimentos de Alcoa. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Alcoa puxo data ao peche da fábrica de Aluminio de San Cibrao ao anunciar para o xoves o inicio da negociación do Ere para 534 traballadores, que durará un mes. Avecíñanse días cruciais para o futuro da Mariña. 

1. ¿Que pasa esta semana? 

A primeira data importante en canto a buscar unha solución ao problema é este martes ás seis da tarde, coa reunión vía telemática da mesa multilateral con representación dos sindicatos, a empresa, a Xunta e o Goberno.

O comité aínda non ten confirmación de quen participará e se haberá representación tamén do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Espera en todo caso que o Executivo central achegue algunha solución que faga á empresa retirar o Ere ou ben que acepte intervir a fábrica de forma temporal para que non cese a súa actividade, polo risco que suporía ter que parar as cubas. 

2. ¿Deu algún paso o Goberno central? 

O presidente dixo no Congreso que estaban a traballar na procura de investidores para a fábrica e a ministra de Industria anunciou para as "próximas semanas" a aprobación do estatuto electrointensivo. Este incluirá un fondo de 600 millóns en tres anos co que o Estado avalará os contratos bilaterais que asinen estas industrias con xeradoras de enerxía renovable, que previsiblemente se aprobará no Consello de Ministros deste martes.

Con todo, nada se sabe de dúas medidas urxentes que reclaman sindicatos e Xunta: a convocatoria da poxa de interrumpibilidade para o segundo semestre do ano e a repartición máxima das axudas que permite Europa polas compensacións de CO2. 

3. ¿Cambiou a postura da multinacional? 

Polo momento Alcoa mantense firme na súa intención de pechar a fábrica, sen dar máis alternativa. Di que non contempla a súa venda xa que non se dan as condicións para seguir fabricando aluminio na planta polo custo eléctrico e a sobrecapacidade de aluminio a nivel mundial que lastra os prezos, dous factores que prevé que continúen. Segue adiante co Ere, cuxa negociación arrinca o as nove e media da mañá no restaurante Los Robles de Lugo. Os sindicatos preparan xa esa reunión e elixen aos seus equipos, con 13 representantes polo total do comité, máis asesores. 

4. ¿Ten algún papel relevante a Xunta? 

Hai quen lle esixe máis ao ter competencias en industria e ser Galicia un gran produtor de electricidade, pero descarga a responsabilidade no Goberno por ter as competencias en enerxía. Con todo, anunciou estar disposta apoiar a modernización da fábrica con fondos europeos e préstamos participativos

5. ¿En que situación están as empresas auxiliares? 

A plataforma que as agrupa cifra en 400 operarios de 12 contratas os directamente afectados a causa o Ere en Aluminio ao realizar nesa fábrica os seus traballos. Vense "desprotexidos" ante esta situación xa que non estarán presentes na negociación da aluminera. Por iso, dirixiron escritos á Xunta e ao Goberno para solicitarlles protección e convocaron ás direccións unha reunión para facer un "fronte común" polo futuro da industria auxiliar. 

6. ¿Haberá máis mobilizacións? 

A loita continuará na rúa con novas citas pero polo momento o comité non puxo datas. Este luns os traballadores de Alcoa e auxiliares participan na a manifestación 'Futuro para A Mariña' que organizan CC.OO., CIG e UXT en Burela con saída ás oito da tarde do hospital.

Comentarios