viernes. 28.01.2022 |
El tiempo
viernes. 28.01.2022
El tiempo

Gayol, novo técnico do Foz tras presentar Bebo a súa renuncia

Gayol y Bebo. AMA
Gayol y Bebo. AMA

O equipo encadea sete derrotas seguidas

O adestrador do Club Deportivo Foz, Eusebio Moreda 'Bebo' presentou este luns a súa renuncia, un día logo de perder 0-4 contra o Ribadeo. Segundo explica o club, o técnico tomou a decisión tras "sopesalo detidamente".

Tras a súa marcha, volverá dirixir o equipo o técnico focense Jesús María Gayol Rey, quen fora destituído pola directiva en febreiro de 2020 tras sete derrotas seguidas.

Nos dez partidos que dirixiu Bebo o Foz sumou dúas vitorias e oito derrotas. Agora o equipo encadea sete derrotas seguidas e, con 6 puntos, ocupa a undécima praza do grupo 1-B da Preferente Autonómica.

A directiva do club agradece a ambos os adestradores da casa "o seu agarimo e entrega".

Gayol, novo técnico do Foz tras presentar Bebo a súa renuncia
comentarios