martes. 22.10.2019 |
El tiempo
martes. 22.10.2019
El tiempo

O Resu anuncia as súas primeiras bandas este xoves e System of a Down soa con forza

Un momento do vídeo publicado polos organizadores do Resu. FACEBOOK
Un momento do vídeo publicado polos organizadores do Resu. FACEBOOK
Os seguidores do festival vivariense apostan pola presenza do grupo

A organización do Resurrection Fest fará este xoves ás once da mañá o primeiro anuncio de grupos para a próxima edición de 2020 e os máis fieis seguidores cren que entre eles estará o grupo de rock estadounidense System of a Down.

Un vídeo publicado nas redes sociais do festival dá algunhas pistas deste primeiro anuncio ao verse a un mozo que desprega un papel no que hai escrito 'Into your hands I commend my spirit', frase de Chop Suey!, un dos temas máis coñecidos do grupo, segundo apresuráronse a comentar moitos dos seguidores do Resu.

System of a Down acaba de anunciar xira por Europa e xa confirmou a súa presenza en tres festivais: Rock am Ring e Rock im Park en Alemaña o primeiro fin de semana de xuño e Provinssirock Festival en Finlandia o 25 de xuño.

A que será a décimo quinta edición do Resurrection Fest celebrarase do 1 ao 4 de xullo en Celeiro.

O Resu anuncia as súas primeiras bandas este xoves e System of a...
Comentarios