Unha Vuelta pola Mariña

Mondoñedo acollerá a saída da Vuelta na súa décimo terceira etapa, que percorrerá a comarca desde as 11.00 horas

La caravana de la Vuelta, en Mondoñedo. IRIA LV
photo_camera La caravana de la Vuelta, en Mondoñedo. IRIA LV

 A Mariña comeza a respirar o aire da Vuelta . A comarca lucense vivirá mañá o paso da caravana da rolda española, que partirá de Mondoñedo e percorrerá toda a costa mariñá antes de pasar á provincia da Coruña, onde finalizará, en Estaca de Bares, a décimo terceira etapa da carreira.

O concelleiro de deportes do concello mindoniense, Manuel Tapia, mostrouse orgulloso e satisfeito da elección do seu municipio como saída da etapa. "Será un día histórico para A Mariña, pero sobre todo para Mondoñedo. Fai 25 anos a Vuelta a España pasou preto do centro histórico e fai 11 por algunha parroquia, pero agora é a primeira vez que dará a saída dende aquí. Ademais poderemos desfrutar do paseo neutralizado dous ciclistas pola Fonte Vella ou Seminario, a Praza da Catedral, algo que merecerá a pena lembrar, sen ningunha dúbida", valorou Tapia.

A saída da etapa será, para a caravana da Vuelta, será desde as 11.00 horas en Mondoñedo, mentres que os ciclistas farano ás 12.17 horas.

A continuación pasarán por Trabada sobre as 11.26 horas a caravana e ás 12.41 ao pelotón, antes de enfilar dirección Ribadeo, que alcanzarán ao redor das 11.57 horas os vehículos promocionais da carreira, mentres que as bicicletas farano ás 13.16 horas.

Foz verá á caravana da rolda española polas súas rúas sobre as 12.34 horas e aos ciclistas ás 13.40. A seguinte localidade en presenciar

A Vuelta será Burela, ás 12.59 á caravana publicitaria e os deportistas farano ás 14.09. A Vuelta atravesará Xove ás 13.31 (caravana) e ás 14.37 os ciclistas, mentres que fará o propio por Viveiro ás 13.50 os vehículos da competición e ás 14.53 as bicicletas.

A última localidade mariñá en ver A Vuelta será O Vicedo, ás 14.10 a caravana e ás 15.12 horas os ciclistas.

Comentarios