División de opinións: o alcalde de Ribadeo comparte unha parodia da Familia Real e Franco

Suárez Barcia publicou en Facebook un antigo meme no que se ve o cadáver do ditador dentro dunha neveira nun comedor de Zarzuela

El meme que compartió Fernando Suárez. FACEBOOK
photo_camera O meme que compartiu Fernando Suárez. FACEBOOK

Un meme antigo compartido polo alcalde de Ribadeo sobre a Familia Real e Francisco Franco xerou división de opinións nas redes sociais. 

Fernando Suárez Barcia colgou no seu perfil de Facebook unha imaxe de Felipe VI, dona Letizia e a princesa Leonor e a infanta Sofía sentados á mesa acompañados, grazas a unha montaxe, polo ditador, cuxo corpo estaba preservado da descomposición dentro dunha neveira dunha coñecida marca de refrescos. 

A imaxe, para algúns de mal gusto, valeulle algunhas críticas, parte delas chegadas desde filas populares, e tamén comentarios a favor de quen vían a súa publicación amparada pola liberdade de expresión.

O caso é que o rexedor acompañaba a foto dun texto –"Asunto zanxado. Volta á casa polo Nadal"–  en relación coa polémica do traslado dos restos de Franco, e no que daba a entender que o problema se resolvería levando o ditador ao Palacio da Zarzuela.

Comentarios