Un novo positivo obriga a pechar o Concello de Barreiros

Un caso detectado no cribado realizado tras o positivo da alcaldesa Ana Ermida levou ao goberno a clausurar as oficinas municipais
Ana Hermida , alcaldesa del bng en barreiros
photo_camera Ana Ermida. EP

O cribado ao que foron sometidos os funcionarios que estiveron en contacto coa alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, despois de que a rexedora dese positivo por coronavirus permitiu detectar un novo caso de covid-19 no consistorio, o que levou ao goberno local a tomar a decisión de pechar "as oficinas municipais".

"Todos os demais deron negativo", explicou a alcaldesa a Efe, pero están "en corentena", realizando "teletrabajo" desde casa, para sacar adiante "con axuda do teléfono e o computador" o día a día da xestión municipal.

Unha persoa, que por estar de vacacións nesas datas non estivo en contacto nin co traballador que deu positivo nin coa alcaldesa, realiza atención telefónica desde o Concello, para atender "a casos de urxencia".

Está previsto, explicou Ana Ermida, que o Sergas faga un novo cribado entre os contactos do funcionario que deu positivo, para cortar calquera posible cadea de transmisión.

En canto á súa situación persoal, a rexedora explicou que ten "un pouco do tose e está algo cargada", pero non experimentou síntomas de carácter "grave".

Comentarios