Novo golpe ao cultivo de marihuana na Costa coa aprehensión de 400 plantas en Valdés

A Garda Civil detivo un home e unha muller por producir e distribuír a droga

Un home e unha muller "con idades comprendidas entre os 26 e 32 anos", foron detidos no municipio de Valdés, no Occidente asturiano, como presuntos autores dun delito de tráfico de dogas e defraudación do fluído eléctrico, xa que cultivaban marihuana nunha vivenda dese concello cun complexo sistema eléctrico, enganchado ilegalmente á rede.

A casa tiña tres habitáculos interiores para plantar a marihuana e numerosos útiles. Incautáronselles 400 plantas, algunhas de máis dun metro e en avanzado estado de floración. Axentes xudiciais da Garda Civil e da Compañía de Luarca usaron cans especializados para dar con elas.