Os nenos do Ceip Cervo non irán a clase no centro ata este mércores

O Número 1 de Foz recupera a normalidade en canto a alumnos e os pais abordan nunha asemblea o axitado inicio de curso

Os alumnos do Ceip Cervo volverá a clase este mércores, xusto unha semana despois do inicio do curso escolar, segundo acordaron os pais e nais que na tarde deste luns participaron na reunión convocada pola Anpa. "O que se decideu era esperar, porque ese día xa poderá facerse na cociña algo de comida quente e contamos con que ou centro estea xa limpo case de todo, xa que a limpeza xeral de onte sumar outra hoxe", senala a presidenta da entidade, Luz Campo.

Foi unha decisión maioritaria, aínda que algúns pais poderían optar por deixar aos seus fillos este martes en clase, especialmente algúns de cuarto de infantil con xornada de adaptación e que apenas pasan unha hora. A eles sumaríanse algúns outros a título persoal, como os proxenitores dos catro alumnos que si foron ao cole, para os que se buscou unha solución á hora para comer. A matrícula este ano é de 132.

Os pais recoñecen que nestes días avanzouse moito coas obras "e xa temos todos os baños postos", o que supuña unha prioridade, ademais de atopar as aulas xa liberadas e haberse avanzado "aínda que quedan cousas por facer" nos traballos de electricidade e fontanería.

En Foz recuperouse parcialmente a normalidade, polo menos en canto a volta dos nenos a clase, xa que se reitentegrou a práctica totalidade dos 170 matriculados no Ceip Número 1, o outro centro que non puido empezar o curso ao cen por cento polas obras.

A volta ás aulas coincidiu co fin dos traballos de remodelación no edificio de infantil, co que xa dan clase nas súas aulas; a pasada semana, os poucos que acudiron concentráronse nas dependencias de primaria, onde se habilitaron aulas en diversos espazos para que puidesen estar repartidos por clases.

O colexio non contaba aínda este luns con conexión a internet e segue fallando o teléfono principal, contratempos aos que se suma que os estudantes non puideron traballar co libro dixital pero, aos poucos, vai recuperando a algarabía coa presenza xa dos nenos.As obras continúan no exterior, no patio dos máis pequenos e a instalación dun ascensor en primaria, aínda que se fan xa fose do horario lectivo.

Ás nove e cuarto desta mañá hai convocada unha reunión da Anpa co fin de dar abordar a situación deste atípico inicio de curso e para coñecer o sentir dos pais e nais, ademais de informar as actividades para este curso.