El rincón de... Iván Sordo Yáñez: "Os nenos desfrutan xogando ao aire libre"

A Choza, unha área recreativa á beira do río Eo en Ría de Abres (Trabada) é o recuncho que elixe Iván Sordo Yáñez, operario de servizos múltiples do Concello
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Iván Sordo Yáñez, na área recreativa da Choza. ÁLVEZ

A Choza é unha área recreativa á beira do río Eo en Ría de Abres, no concello de Trabada. É un lugar de ocio ao aire libre con merendeiros, pasarelas de madeira, un embarcadoiro, paneis interpretativos sobre a fauna da contorna e ata un pequeno observatorio de aves. E é tamén o recuncho que elixe no municipio Iván Sordo Yáñez, operario de servizos múltiples do Concello é tamén o recuncho que elixe no municipio Iván Sordo Yáñez, operario de servizos múltiples do Concello.

"É a área recreativa máis bonita coa que conta Trabada e desfrutámola moito cos cativos, que poden estar entretidos ao aire libre sen estar pegados ás pantallas todo o día", asegura. Iván e a súa familia acoden a este espazo sobre todo nas fins de semana para comer alí e pasar a tarde: "É un sitio ideal para comer con vistas á ría e os nenos poden xogar no parque ou no campo que hai ao lado da pasarela e gústalles moito ver as garzas e os patos que hai polo río. Ademais no verán vense pasar as canoas que fan a ruta fluvial pola zona e tamén lles chaman moito a atención".

Na Choza Iván tamén ten o seu lugar e momento ideais: a pasarela de madeira de noite, que "iluminada é preciosa", di. A Choza está ubicada a carón da N-640, polo que tamén é un lugar de parada para moitos viaxeiros en ruta que desfrutan neste espazo dun merecido descanso. Calquera día do ano, pero sobre todo nas fins de semana e no verán, non é difícil atoparse con xente de paso.

"É unha zona na que para moita xente e dende que abriu a área para autocaravanas un pouco máis arriba nótase que hai aínda máis xente", afirma Iván.

Ademais A Choza está no Camiño de Santiago, xa que por Ría de Abres pasa a variante do Camiño Norte na que os peregrinos elixen entrar en Galicia por Trabada en lugar de por Ribadeo e enlazar coa outra ruta no veciño concello de Lourenzá. A súa beleza singular, rodeada de árbores autóctonos sobre a ría, tamén a converte nun lugar ideal para os amantes da fotografía.

Comentarios