Nene, terceiro reforzo do Pescados Rubén

O pivote pontevedrés estivo as tres últimas campañas en Italia

Jacobo Amoedo, Nene. BURELA FS
photo_camera Jacobo Amoedo, Nene. BURELA FS

A plantell do Pescados Rubén Burela FS 2019-20 segue tomando forma para o retorno á Primeira División despois do ascenso da pasada tempada. Tal e como adiantou hai xa semanas El Progreso A Mariña, o pivote Jacobo Amoedo, máis coñecido como Nene, é a terceira incorporación do club laranxa tras as fichaxes de Álex Diz e Everton, que xa foron oficializados con anterioridade.

Nene chegará a Burela con 26 anos logo de tres tempadas de experiencia en Italia, unha na Serie A e dúas na Serie A1. O xogador, natural da localidade pontevedresa de Pazos de Borbén, recalou na competición transalpina logo de destacar nas filas do Bembrive, na Segunda B española.

Na tempada 2016-17 recalou no Axed Groupo Latina e despois xogou as dúas últimas tempadas en Métalle Catania tras o ascenso á Serie A1.

Comentarios