Nené, aposta ofensiva dos Peixes Rubén FS

O pivote de Pazos de Borbén ficha polo cadro burelense logo de tres tempadas en Italia, dúas delas na máxima categoría

Nené, en un entrenamiento. AMA
photo_camera Nené, nun adestramento. AMA

O persoal dos Peixes Rubén Burela FS 2019-20 segue tomando forma para o retorno á Primeira División despois do ascenso da pasada tempada. Tal e como adiantou hai xa semanas O Progreso A Mariña, o pivote Jacobo Amoedo, máis coñecido como Nené, é a terceira incorporación do club laranxa tras as fichaxes de Álex Diz e Everton, que xa foron oficializados con anterioridade.

Nené chegará a Burela con 26 anos logo de tres tempadas de experiencia en Italia, unha na Serie A2 e dúas na Serie A. O xogador, natural da localidade pontevedresa de Pazos de Borbén, recalou na competición transalpina logo de destacar nas filas do Bembrive, na Segunda B española. Na tempada 2016-17 asinou no Axed Group Latina, da máxima categoría, e despois xogou as dúas últimas tempadas na Meta Catania, ao que levou á Serie A no primeiro ano.

O novo xogador laranxa é un pivote zurdo que destaca tanto polo seu xogo de costas como pola súa pegada. No club laranxa confían nel como unha alternativa no xogo de ataque tanto á hora de definir como de aguantar o balón no posto de pivote para os seus compañeiros.

Coa confirmación oficial de Nené son xa dez os xogadores que están asinados para formar parte do persoal laranxa en Primeira. Ademais das tres fichaxes, Diz, Nené e Everton, teñen contrato en vigor Loito, Iago Míguez e Matamoros e os canteiráns Renato e Pitero, ademais de ter tamén asegurada a continuidade de Pope, que seguirá unha campaña máis cedido pola Palma, e Luisma, que renovou o seu acordo a pasada semana. Pronto se anunciarán máis renovacións.

Comentarios