Nadal en grao sumo variado

Vilaronte anuncia a súa iluminación ao 'Abbey Road' e en Rinlo sacan os seus disfraces á rúa
La particular representación de Vilaronte Road
photo_camera La particular representación de 'Vilaronte Road'. AMA

Os pobos máis pequenos da comarca tamén celebran o nadal ao seu xeito e, algúns, aproveitan para afinar o enxeño e realizar cousas realmente espectaculares. é o caso da parroquia focense de Vilaronte, onde ás oito desta tarde estrean iluminación no atrio da igrexa, para o que convocaron cun orixinal cartel simulando o paseo por Abbey Road de The Beatles, pero con veciños. A agrupación O Atrio invita a achegarse á cita, na que haberá música e chocolate quente para os asistentes.

Na localidade ribadense de Rinlo a asociación O Cantal tamén tirou de enxeño para ambientar nestas festas, para o que aproveitaron algúns dos disfraces de Entroido que levou a charanga local ao longo dos últimos anos para que animen algunhas das rúas, prazas e recunchos máis singulares e transitados do pobo. Iso fai que só paseando por alí póidase gozar dalgunhas escenas tan pintorescas como, en ocasións, surrealistas, pero moi rechamantes.

Comentarios