domingo. 09.08.2020 |
El tiempo
domingo. 09.08.2020
El tiempo

Música por sorpresa nas rúas de Viveiro, Covas e Celeiro

O programa De Ruada comezou este sábado con A Organeta de Pulpiño Viascón. O 8 estarán Latexo Percusión, o 15 Cé Orquestra Pantasma e o 22 Os Bregadiers

A Organeta de Pulpiño Viascón, polas rúas do centro de Viveiro. JRGA concellería de cultura de Viveiro puxo en marcha este sábado o proxecto musical De Ruada, que consiste en pasarrúas sorpresa en calquera lugar público da cidade, de Celeiro ou de Covas os sábados deste mes de agosto.

O primeiro grupo en levar a animación ás rúas foi A Organeta de Pulpiño Viascón e o programa continúa o 8 con  Latexo Percusión, o 15 con Cé Orquestra Pantasma e o 22 con Os Bregadiers. 

A iniciativa ía comezar en xullo pero tivo que aprazarse polo gromo de Covid na comarca e ten como obxectivo animar a veciños e visitantes con actuacións "antiaglomeracións" coas que pretenden "que a cidadanía se atope coa música por sorpresa, garantizando a distancia social".

Música por sorpresa nas rúas de Viveiro, Covas e Celeiro
comentarios