Burela e Torrox, unidas pola Música Bonita

A banda da localidade malagueña viaxou á Mariña a pasada fin de semana tras recibir a invitación da ACM Dambara, que devolverá a visita nos próximos meses
Banda de Torrox en el Monte Castelo de Burela. EP
photo_camera Banda de Torrox en el Monte Castelo de Burela. EP

Burela recibiu a pasada fin de semana a visita da Asociación Musical Vive la Música de Torrox (Málaga), que foi invitada pola agrupación local Dambara.

O encontro de bandas, bautizado como Música Bonita, cadrou coa celebración da Feira do Bonito a feira Produart en Burela.

A banda malagueña chegou o sábado e participou xunto a Dambara nun acto musical de confraternidade organizado no porto burelense, fronte ao barco-museo boniteiro Raíña do Carmen. A Asociación Musical Vive la Música, composta por medio centenar de membros, interpretou varias pezas, principalmente música de banda e coplas.

A banda, que se aloxou en dous establecementos hostaleiros da localidade, desprazouse o domingo a Foz para actuar no Campo da Cabana. No concerto tamén participaron a banda da localidade, Acordeonistas da Mariña, e a Banda de Música de Laviana.

Finalmente, o luns Dambara organizou visitas guiadas a Sargadelos e As Catedrais co obxectivo de que os integrantes da banda andaluza e os seus acompañantes coñecesen mellor a comarca. Tamén subiron ata Monte Castelo de Burela, onde realizaron unha instantánea para o recordo.

Está previsto que os membros de Dambara viaxen a Torrox nos próximos meses para completar un intercambio de bandas que naceu en 2010 durante unha viaxe a Córdoba.

 

Comentarios