O mural da entrada do porto de Burela xa esperta interese

É obra dos artistas locais Martín Lestao e Belén Mogo
Novo mural de Burela. EP
photo_camera Novo mural de Burela. EP

O mural Burela, o mar e as súa xentes, que rende homenaxe ás mulleres do mar sobre os restos da antiga conserveira de Burela, xa esperta interese entre veciños e visitantes que este venres, cando se retiraron os andamios, xa se paraban a contemplalo.

O mural –situado na Rúa do Berbés facendo esquina con Eijo Garay– é obra dos artistas locais Martín Lestao e Belén Mogo, que pertencen á asociación Burela Floral e acumulan anos de experiencia na elaboración das tradicionais alfombras florais das festas patronais. "Quixemos representar o papel desa muller sempre vinculada ao mar pero que sempre se quedaba en terra", explicou Lestao.

A proposta de Lestao e Mogo foi escollida entre as dez que se presentaron ao concurso convocado dentro do programa Burela In, que promove a recuperación e a posta en valor de residuos derivados do mar e das actividades marítimo-pesqueiras.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Una publicación compartida de Martin Lestao ART © (@martinlestao.art)

Comentarios