Unha muller sae sen danos do seu vehículo en Ribadeo antes de que este ardese

O incendio orixinado nun vehículo que circulaba por cálea Rosalía de Castro de Ribadeo motivou que a muller que o conducía abandonase o coche ao percibir cheiro a queimado. A afectada logrou aparcar, sacar a documentación e baixarse do automóbil sen sufrir danos, xusto antes de que empezase a arder.

Axentes da Policía Local, que pasaban pola zona, axudaron a apagar as chamas cun extintor antes de que chegasen os bombeiros de Barreiros, aínda que a súa acción non permitiu salvar o vehículo, que ao non ser de gasóleo non estourou.

O lume orixinouse cara ás dúas e media da tarde deste martes, posiblemente por un circuíto no sistema de refrixeración ou ventilación. 

Os labores para sufocar o incendio e retirar cun guindastre o turismo da rúa fixeron necesario o corte temporal da vía.

Máis en A Mariña