A muller máis lonxeva da comarca celebra a súa 107 aniversario

A barreirense Antonia Pernas volveu a casa da súa neta para festexar un aniversario que viviu con interese e gozando aínda de moi boa saúde
Celebración del cumpleaños de Antonia Pernas con sus familiares. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Celebración del cumpleaños de Antonia Pernas con sus familiares. JOSÉ Mª ÁLVEZ

A veciña de Barreiros Antonia Pernas protagonizou este sábado un acontecemento moi pouco común, xa que celebrou o seu 107 aniversario. Trátase da veciña máis lonxeva da comarca da Mariña e comparte idade con outra muller máis do municipio de Sober pero que cumpriu no mes de maio. 

En calquera caso, Antonia é un auténtico fenómeno da natureza e así o recoñece a súa propia familia. A súa sobriña neta, María Luisa Pernas, explica que Antonia atópase perfectamente co único problema de que padece mala audición.

Pero á marxe diso, Antonia atópase moi ben para ter unha idade tan avanzada que xa empeza a parecerse máis a un caso de estudo.

Este sábado reuniuse a súa familia ao redor dela na vivenda na que residen habitualmente en Barreiros. ela é natural do propio municipio barreirense e María Luisa Pernas explicou que para eles era "unha gran emoción" poder reunirse con Antonia nunha xornada tan especial na que, dada a idade da protagonista, había familiares de catro xeracións distintas.

Salvo os problemas de oído, come de todo e non se priva de nada. Inmune ao colesterol ou os problemas de azucre, ela segue comendo sen problema e ademais os seus familiares destacan que goza de moi bo apetito.

Outro aspecto que resaltan dela é que sempre foi unha persoa de bo carácter. A súa idade non lle impide estar ao tanto das cousas do mundo porque lle gusta ver as noticias, pero tamén mantén áxil a mente porque unha das súas grandes afeccións son as sopas de letras, algo que fai moi habitualmente. O covid impediulle ver á súa familia durante un tempo porque está nunha residencia, por iso foi un día dobremente especial.

Comentarios