A muller do focense é o segundo caso de coronavirus confirmado na provincia

A paciente continúa illada na súa casa, con seguimento polos servizos sanitarios para trasladala ao hospital se a súa situación empeora
Un hombre con mascarilla al lado de una ambulancia. AEP
photo_camera Un home con máscara á beira dunha ambulancia no exterior do Hula. AEP

 A muller do veciño de Foz diagnosticado de coronavirus converteuse este mércores no segundo caso confirmado na provincia de Lugo. A paciente permanecía xa en illamento domiciliario desde que o seu marido dese positivo á proba do covid-19 o luns pasado e sen esperar aos resultados remitidos polo Centro Nacional de Microbiología de Majadahonda, en Madrid.

Inicialmente estaba asintomática, polo que se optou por non facerlle a proba, xa que, aínda que as persoas que conviven con infectados diagnosticados son considerados casos de alto risco, esta podería dar negativo sen que implicase que non ía desenvolver a enfermidade. Durante a corentena domiciliaria a muller desenvolveu os síntomas e finalmente este mércores confirmouse a través da proba PCR que efectivamente tiña coronavirus.

A paciente continúa illada na súa casa, con seguimento polos servizos sanitarios para trasladala ao hospital se a súa situación empeora. O seu marido continúa recuperándose sen complicacións no Hospital Lucus Augusti de Lugo

Comentarios