A muller de Fazouro segue sen aparecer tras a procura dos mergulladores polo río

O rastrexo seguiu por terra, con diversos efectivos e veciños, chegando a zonas das veciñas parroquias de Nois e Cangas
Efectivos de Protección Civil, en la búsqueda por tierra.
photo_camera Efectivos de Protección Civil, en la búsqueda por tierra.

A desesperación comeza a render entre os equipos de procura e voluntarios tras catro días sen rastro de Maruja C.R, a veciña de 69 anos que falta da súa casa en Fazouro desde o pasado domingo. Aos efectivos por terra sumáronse este mércores os mergulladores da Garda Civil, que penetráronse no río Ouro para rastrexar o fondo e descartar que se puido caer de xeito involuntario a muller, que sofre alzhéimer.

Maruja, la mujer desaparecida en Fazouro. EPUnha ampla procura dos Geas, que se completou co visionado desde motos acuáticas por efectivos do GES de Cervo, ademais de contar coa colaboración de axentes de Garda Civil, que coordina o operativo, Policía Local de Foz e voluntarios de Protección Civil, que peitearon zonas de costa e diversos camiños, ampliando o radio de acción ata o límite coas veciñas parroquias de Nois e Cangas, aínda que sen resultados.

Unha procura á que este mércores volveron sumarse veciños e traballadores municipais na que se volveron a revisar algúns das matogueiras máis próximas á vivenda e os camiños que adoitaba tomar para pasear, así como o lugar onde se atopou parte da roupa que a muller levaba cando desapareceu. Tamén se strong<> inspeccionaron zonas próximas á costa, sempre con varias persoas á vez e con especial atención a ocos onde puidese haberse caído ou refuxiado unha muller que anda con dificultade e da que non hai indicios de por onde puido pasar sen deixar rastro algún.

Comentarios