Martes. 11.12.2018 |
El tiempo
Martes. 11.12.2018
El tiempo

Unha moza dá a luz en plena vía pública en Burela

A Avenida Arcadio Pardiñas de Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ
A Avenida Arcadio Pardiñas de Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Tanto a nai, como o bebé, atópanse en perfecto estado e permanecen baixo observación no Hospital da Costa

Numerosos veciños asistiron atónitos á tardiña do pasado domingo ao parto dunha moza, de 19 anos, na Avenida Arcadio Pardiñas de Burela. Tanto a proxenitora, como o bebé, atópanse en perfecto estado de saúde e permanecían este martes ingresados en observación no Hospital da Costa, só por precaución.

A moza tivo a sorte de que pasaban pola zona, nese momento, un enfermeiro e un médico que estaban fóra de servizo e que lle prestaron asistencia de inmediato, ata a chegada dos sanitarios.

A Garda Civil recibiu tamén o aviso pero cando os axentes estaban de camiño, dixéronlles que non facía falta a súa presenza, porque os sanitarios xa se estaban ocupando. Segundo os técnicos do 061 na zona, a nai púxose de parto cando estaba a pasear pola rúa, ao redor das oito e cuarto da tarde do domingo. 

Todo foi tan rápido que cando chegaron os efectivos do 061 apenas tiveron que cortar o cordón umbilical. 

As testemuñas coinciden en destacar o balbordo que houbo en torno ao alumeamento e recordan que ambos están en perfecto estado de saúde.

Unha moza dá a luz en plena vía pública en Burela