viernes. 28.02.2020 |
El tiempo
viernes. 28.02.2020
El tiempo

Un motorista resulta ferido leve tras caerse na LU-124 na Pontenova

Foi trasladado a un centro sanitario con dor nunha das súas pernas

Un motorista resultou ferido leve tras sufrir unha caída na estrada LU-124 que une A Pontenova con Mondoñedo. A caída produciuse preto da Pontenova, máis en concreto en Vilameá, cando o ferido perdeu o equilibrio por causas que aínda se descoñecen.

A vítima foi trasladada a un centro sanitario con dor nunha das súas pernas tras sufrir o accidente, que se produciu pasadas as 14.00 horas.

Un motorista resulta ferido leve tras caerse na LU-124 na Pontenova