Miércoles. 22.08.2018 |
El tiempo
Miércoles. 22.08.2018
El tiempo

Morre un septuaxenario cando se bañaba nunha praia de Barreiros

Los servicios de emergencias retiran el cuerpo. AMA
Los servicios de emergencias retiran el cuerpo. AMA

O home, de 70 anos, estaba na auga con outras dúas persoas

Un home de 70 anos faleceu este sábado pola tarde na praia barreirense de Fontenla Valea. O suceso rexistrouse sobre as seis e media da tarde cando o home se atopaba na auga con outras dúas persoas, unha delas o seu neto.

Os socorristas e unha técnico sanitaria foron os encargados de realizar os primeiros labores de reanimación ata que chegou o persoal do 061.Por agora descoñécense as causas do falecemento.

O suceso xerou unha gran expectación no areal. 

Morre un septuaxenario cando se bañaba nunha praia de Barreiros