Lunes. 23.07.2018 |
El tiempo
Lunes. 23.07.2018
El tiempo

Morre un repartidor nunha das rúas do centro urbano de Ribadeo mentres traballaba

Os sanitarios trataron de reanimalo sen éxito, causando un gran balbordo entre os alí presentes

 

Un home faleceu na mañá do xoves en pleno centro de Ribadeo mentres estaba a traballar no seu labor de repartidor. O suceso xerou unha expectación considerable ao ocorrer no medio da rúa e sen que o falecido tivese tempo de facer nada.

Segundo algunhas testemuñas, o home deixara aparcada a súa furgoneta nunha zona habilitada para iso na zona vella ribadense para, desde alí, poder repartir varios dos encargos que tiña nos arredores, tal e como realizan habitualmente este tipo de repartidores.

Cando xa repartira algúns e procedía a levar outro ao seu destino, o home atopouse mal e mareouse caendo en plena rúa. Enseguida foi atendido por xente que pasaba que avisou ao 061 e ao lugar desprazáronse tamén axentes da Policía Municipal e da Garda Civil.

O persoal médico tratou de reanimar ao home, pero non puido facer xa nada por salvarlle a vida. Nun primeiro momento, xerouse un gran balbordo ata que chegaron os sanitarios pola alarma que se xerou.

Morre un repartidor nunha das rúas do centro urbano de Ribadeo...