
Os servizos de urxencia non puideron facer nada por salvarlle a vida
Unha persoa faleceu en Ribadeo, na parroquia de Arante, ao quedar atrapada debaixo dun tractor, segundo informou o servizo de Urxencias de Galicia.
Os bombeiros de Barreiros, a Policía Local, a Garda Civil, Protección Civil e os Servizos Sanitarios formaron parte do operativo de urxencias que intentou salvar a vida da persoa accidentada, aínda que non puideron facer nada.