Falece aos 66 anos o expatrón maior de Burela Alfonso García Ben

A súa capela ardente está no tanatorio de Burela e será enterrado este venres
Alberto García Ben. AEP
photo_camera Alberto García Ben. AEP

O expatrón maior da Confraría de Pescadores de Burela e que tamén presidiu a federación provincial lucense de confrarías Alfonso García Ben, faleceu este xoves aos 66 anos e o seu funeral será este venres en Burela, con saída ás doce do mediodía do tanatorio burelense de Funerarias Mariña, onde está a súa capela ardente. 

O armador Alfonso García Ben tivo baixo o seu mandato unha gran actividade que tamén se traduciu no impulso á sociedade de armadores Absa cando tivo barco do petisco en Gran Sol. No porto burelense era querido e apreciado pola súa ampla experiencia como armador que fora en distintas artes, mares e barcos de pesca. El Llave de Mar, un espadeiro do Atlántico Sur, é o seu pesqueiro nestes momentos. 

O funeral será na igrexa parroquial de Burela e será enterrado no cemiterio da Puída. Este xoves ás 21.00 horas haberá un rosario. A familia pediu que non se envíen flores e por precaución se respecten as normas sanitarias de distanciamento e hixiene porque o aforamento máximo do tanatorio son 15 persoas. é obrigatorio o uso de máscaras para acceder. 

Máis en A Mariña
Comentarios