Mondoñedo rehabilita o hórreo de San Paio, no Camiño Norte

Esta actuación súmase a outras que leva a cabo o Concello para poñer en valor o patrimonio local 

O Concello de Mondoñedo e a Xunta, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, levou a cabo a rehabilitación do hórreo do lugar de San Paio, no trazado do Camiño Norte. "Esta actuación vai servir para que os peregrinos a Santiago leven unha imaxe moi positiva do seu paso por Mondoñedo, derivada da gran sensibilidade que se amosa dende o goberno local co patrimonio", explicou a concelleira de Camiño Norte, María Patricia Otero Doural, que tamén detallou que se trata dun hórreo cunha tipoloxía típica mindoniense.

Otero Doural tamén destacou que esta actuación "únese a outras moitas de mantemento, conservación e posta en valor do patrimonio local e do Camiño de Santiago ao seu paso por Mondoñedo". -Mondoñedoint

Comentarios