Mondoñedo promociona a súa imaxe como final de etapa do Camiño Norte

O Concello enviou guías de turismo a 346 asociacións para que os peregrinos vexan na urbe un lugar idóneo para pasar a noite

La catedral de Mondoñedo. AEP
photo_camera A catedral de Mondoñedo. AEP

O Concello de Mondoñedo acaba de pór en marcha unha importante campaña de promoción turística co obxectivo de que a cidade quede establecida como final de etapa do Camiño Norte entre os peregrinos que se dirixen a Santiago. Para iso a administración local realizou o envío de guías turísticas do municipio a 346 asociacións de amigos do Camiño de toda Europa.

"A campaña, ademais de dar puntual información de servizos destinados aos peregrinos, inclúe a posibilidade de convidalos a ver outros recursos da cidade", sinalou a rexedora local Elena Candia. Estas guías foron enviadas a asociacións de países como Portugal, Francia, Italia, República Checa, Austria, Polonia, Lituania ou Estados Unidos. Todos estes colectivos forman parte do directorio do Plan Xacobeo, polo que a súa importancia é máxima dentro da campaña de promoción turística municipal.

Esta iniciativa do Concello mindoniense ten un dobre obxectivo. Por unha banda, trátase de que os peregrinos vexan na cidade o lugar ideal para pasar a noite, do mesmo xeito que ocorre con outras localidades da provincia cuxo nomee está unido de forma indisoluble a realizar un descanso no camiño, como ocorre con Portomarín no Camiño Francés. Mondoñedo aspira a ter unha relevancia similar dentro do Camiño Norte.

Nos folletos destinados a estes colectivos, o Concello mindoniense destaca varios lugares do municipio con importante atractivo turístico, como a catedral, o seminario de Santa Catalina, o palacio episcopal ou o pazo de San Isidro ou o museo do mago Merlín.

Comentarios