Mondoñedo, primeira área de rehabilitación integral e social de Galicia

O proxecto incluirá todo o conxunto histórico e unha zona contigua na zona dos Remedios e na rúa Álvaro Cunqueiro
Catedral de Mondoñedo. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Catedral de Mondoñedo. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Mondoñedo converteuse no primeiro concello de Galicia en ser declarado área Rexurbe, unha figura creada pola Lei de rehabilitación e rexeneración e renovación urbanas de Galicia, aprobada o pasado ano, que vai máis aló derehabilitación integral, xa que ademais da cuestión construtiva, tamén inclúe medidas de dinamización social, demográfica e económica. 

De feito, o municipio de Mondoñedo, que dirixe a popular Elena Candia, foi o primeiro en Galicia en solicitar á Xunta a declaración dunha área Rexurbe e converteuse, así, no primeiro tamén en contar con esta declaración tras o acordo aprobado este xoves polo Consello da Xunta. 

Ademais deste concello, tras a aprobación da lei en maio do pasado ano, mostrou interese na figura Rexurbe a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e xa houbo contactos, pero aínda non se formalizou esta tramitación, tal e como confirmaron a Europa Press fontes da Xunta. 

A área Rexurbe de Mondoñedo incluirá todo o conxunto histórico e unha zona contigua na zona de Os Remedios e na rúa Álvaro Cunqueiro. A superficie total da área é de 4,45 quilómetros cadrados e, na memoria presentada polo concello hai 704 edificios con 915 vivendas. Dese total, 179 edificios que se atopan en estado deficiente, malo ou ruinoso. Dentro da área Rexurbe, o concello propón unha zona de actuación prioritaria que comprende un total de 11 rúas. 

Comentarios