Mondoñedo estrea o seu museo dedicado á imprenta

A capital mindoniense foi unha das primeiras poboacións galegas en coñecer este invento: en 1550 Agustín Paz xa elaborou varias obras
Inauguración del museo de la imprenta de Mondoñedo. JM ÁLVEZ
photo_camera Inauguración do museo da imprenta de Mondoñedo. JM ÁLVEZ

Inauguración do museo da imprenta de Mondoñedo. JM ÁLVEZA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, inauguraron este luns o Centro de Interpretación da Imprenta de Mondoñedo: Jesús López Díaz, logo dun investimento de case 330.000 euros para rehabilitar a antiga Casa dos Coengos e a musealización dese espazo no que o visitante pode atopar pezas únicas.

Este centro ofrece, segundo informou a propia Consellería de Cultura, “un discurso expositivo que conxuga o rigor” e a didáctica, porque “en conxunto lle ofrece ao visitante un relato que vai desde a orixe, co nacemento da imprenta manual e o seu desenvolvemento en Galicia”, ata a introdución da imprenta mecánica.

A exposicíón mostra pezas de gran valor para coñecer a evolución da imprenta mecánica, desde unha máquina plano cilíndrica, fabricade en Bélxica a finais do S.XIX e pensada para grandes formatos; ata unha Minerva Hispania semiautomática, cuxo uso permitiu acurtar notablemente o tempo de impresión.

A exposicíón mostra pezas de gran valor para coñecer a evolución deste método de reprodución de textos e imaxes

A mostra tamén inclúe unha “excepcional linotipia”, a tecnoloxía que revolucionou a composición das páxinas e abriu o camiño aos “anos de esplendor da prensa escrita entre finais do século XIX e mediados do XX”, así como outras pezas auxiliares, como unha guillotina con 150 anos de antigüidade e aínda apta para traballar.

Elena Candia, explicou que con esta actuación preténdese “recuperar e pór en valor a historia da imprenta na cidade, tan ligada ao movemento cultural”, ademais de cumprir unha “débeda cos sucesores de Mancebo”, que tivo a “xenerosidade de ceder parte do material”.

De feito, grazas “ colaboración da Imprenta Sucesores de Mancebo, Gráficas Lucenses e Junor”, a exposición permanente conta con varias pezas de gran valor, entre elas a citada máquina plana H do ano 1872, fabricada en Bélxica.

Por outra banda, a rexedora local quixo agradecer expresamente a cesión por 25 anos da Casa dos Coengos, situada na Rúa da Imprenta, na parte traseira da catedral mindoniense e que fai esquina coa Praza do Seminario.

O museo busca “potenciar o atractivo da vila, promocionando e divulgando un patrimonio propio que trasluce a rica actividade cultural da capital mindoniense”

Así mesmo, a alcaldesa aclarou que o “obxectivo” do traballo de musealización, no que Cultura financiou un investimento superior aos 47.795 euros non é outro que plasmar e recrear “a historia da imprenta en Mondoñedo, dun modo didáctico e comprensible para o público en xeral”.

Mondoñedo foi unha das primeiras poboacións galegas en coñecer a imprenta, recordou, dado que en 1550 Agustín Paz xa elaborou varias obras na capital mindoniense.

O propio conselleiro destacou que a apertura deste museo servirá para “potenciar o atractivo da vila, promocionando e divulgando un patrimonio propio que trasluce a rica actividade cultural da capital mindoniense”.

Román Rodríguez recordou algunhas das razóns polas que Mondoñedo resulta un referente no ámbito da “cultura escrita”, desde “o fondo da extraordinaria Catedral de Mondoñedo, ata a proliferación de autores de referencia como Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Álvaro Cunqueiro ou Mariña Mayoral, entre outros”.

No acto tamén participou o impresor Fernando López González, herdeiro da imprenta Sucesores de Mancebo. 

Comentarios