Mondoñedo dá a probar as súas mellores tapas

A cidade mariñá organiza un concurso entre os días 25 e 27 con sete locais participantes
Presentación del concurso de tapas. EP
photo_camera Presentación del concurso de tapas. EP

A cidade da Mondoñedo unha nova edición do seu concurso de tapas denominado Cidade de Mondoñedo que chegará ao seu décimo quinta edición e que se desenvolverá entre os días 25 e 27 deste mesmo mes. Neste caso, participarán un total de sete locais diferentes e as tapas venderanse a 3 euros. O horario establecido para ofrecer as tapas é o venres de oito a once da noite. O sábado de doce a tres e de oito a once e o domingo de doce a tres da tarde.

Os locais participantes son cervexería Abadía, A bodeguiña, vinoteca O Petisco, O Palique, O Rincón de Mondoñedo, bar Amencer e cafetería Daira.

O concurso incluirá unha parte que está destinada á participación do público que acuda a probar as tapas para elixir as que máis lles gusten.

Aos que o desexen entregaráselles o Pasaporte de tapeador que terán que ir selando nos distintos locais cando proben neles as tapas. Para poder participar terán que ter o selo de polo menos seis locais. Haberá premios para as tres tapas que finalmente sexan mellor valoradas polo público.
  

Comentarios