Mondoñedo aposta por humanizar o rural con obras de diverso calado

As actuacións incluíron melloras nas estradas das catorce parroquias, adaptación de locais como centro de reunión dos veciños e potenciación da internet
Representantes locais e da Xunta. EP
photo_camera Representantes locais e da Xunta. EP

APOSTA do goberno local de Mondoñedo coa zona rural foi clara neste mandato, co realización de actuacións de diverso calado, que tiveron como obxectivo a mellora das conexións nas catorce parroquias, pero tamén a humanización das contornas, con traballos como a creación de parques infantís e locais sociais para os veciños, co fin de mellorar a súa calidade de vida e asentar poboación, para o que é vital tamén a mellora da conexión a internet, outro dos proxectos nos que traballou arreo o equipo de goberno mindoniense, dirixido polo popular Manuel Otero.

500 quilómetros de pistas municipais

"No noso concello contamos con 144 quilómetros cadrados de superficie repartida en catorce parroquias máis o centro, cun total de 500 quilómetros de pistas municipais", di o concelleiro responsable de Obras e Servicios, José Otero Rejes. Un edil que recoñece que «contamos cunha planificación de actuacións prioritarias en cada parroquia, para que todos os anos poidamos actuar nas diferentes zonas, aínda que as veces é preciso cambiar as rutas de actuación debido ás urxencias, provocadas sobre todo polas inclemencias metereolóxicas, que en ocasión estragan os trazados".

Un dos criterios que marcaron as actuacións é a decidida aposta pola humanización das zonas rurais, "dotando ás parroquias de locais para reunión dos veciños, espazos de lecer e traballo, así como de sitios de esparcemento para os máis pequenos", apunta Otero Rejes.

Ponte de Figueiras, mellora en Seivane e pista cortalumes
Ponte de Figueiras, mellora en Seivane e pista cortalumes

A Fervenza, paraíso natural

Como ejemplo, cita "os dous parques que ubicamos nestes catro anos en Viloalle, onde tamén se acondicionou A Fervenza, sitio de recreo para a parroquia e para os mindonienses e visitantes, que é un auténtico paraíso natural, a carón da praia fluvial, e onde se habilitou o museo da minicentral eléctrica, cunga inversión de 100.000 euros, un proxecto no que se incluíu un local de reunión para os veciños. Na parroquia de San Lázaro acondicionouse outra área infantil e se rehabilitou o local social como punto de encontro dos veciños, unha liña na que continuaremos a traballar", asevera o delegado de Obras

Outras das actuacións máis relevantes que destaca Otero é a conexión co Mirador dende o Campo dos Paxariños e o acceso á Carroceira, cun investimento de preto de 200.000 euros; a humanización da entrada a Mondoñedo polos Xiros, cun investimento da Xunta de preto dos 300.000 euros; a millora de firme e a accesibilidade da zona empresarial de Fondoso, unhas obras coas que se logrou unha maior seguridade para os peóns.

En todo o termo municipal

Tamén neste mandato se procedeu á acometer traballos nas parroquias de Seivane e Valiño, onde se ensancharon os camiños de acceso ás vivendas para facilitar o paso cos vehículos, ao tempo que se actuaba na mellora das canalizacións para evacuacións de augas cun investimento de 35.000 euros.

No Coto da Recadieira fomigonáronse varios camiños entre as casas, arranxouse a ponte que dá servizo a sala de bombeo da depuradora municipal e xestionouse coa Xunta o amaño da estrada LU-160, ademais de renovarse as iluminarias para a millora enerxética da zona. Unha renovación de asfaltados que tamén se levou a cabo nas zonas de Santa Margarida e Pacios de Arriba e Abaixo, millorando os espazos entre as casas.

Na parroquia de Masma realizáronse traballos en varias pistas agrarias, aglomerouse a zona de Marquide, o entorno de igrexa de San Andrés, a pista de Outeiro e a que a vai de Arco a Retorta, ademais de adecentarse o aparcamiento ao lado da igrexa. Nesta zona tamén se acometeu a renovación de luminarias e estase a traballar no arranxo da ponte de Arco.

En Vilamor astaltouse a única pista municipal, a que vai dende a escola a N-634 por Calvela e Vilaverde e a zona de Chao do Val, á que se sumaron melloras en O Grove e Encima de Vila, ademais de acometerse reformas na escola de Vilamor.

Conservación do patrimonio

A conservación do patrimonio municipal foi outro dos eixes nos que se traballou neste mandato en Mondoñedo, no que quedaron arranxadas todas as antigas vivendas dos mestres, quedando o pintado de fachadas das de Lindín, Sasdónigas e O Carme, que se acometerán nos vindeiros meses.

O Concello mindoniense tamén actou nun cabazo en San Paio, cuxo estado supuña un risco para os peregríns e nunha casa, doada hai anos, que era tamén un perigo para os colindantes.

Parcelaria

Uns traballos aos que se suman outros de interese como o arranzo da zona do cemiterio municipal e o lousado de nichos no seu interior, recorda o edil de Obras, satisfeito de poder entregar os títulos da parcelaria tras 25 anos "para o que equipo de gobernó traballa coa Conselleria de Medio Rural para arranxar os pequenos incovenientes, sobre todo en camiños que poidan xurdir deste proceso", reitera el responsable.

Algunhas parroquias de Mondoñedo, como é o caso de Estelo, non contaban con liña de telefonía en condicións nin conexión a internet. "O que fixemos foi promover un convenio entre o Concello, a asociación de montes e a empresa de telefonía móbil para acadar a inversión necesaria do Plan de Extension de Banda Ancha da Xunta de Galicia e se están a facer as mesmas xestións para mellorar a telefonía móvil en Figueiras", afirma José Otero, satisfeito tamén das obras en pistas de Estelo, Tronceda, Sasdónigas e San Vicente,"dando prioridade aos núcleos de poboación e facendo fincapé nas zonas pola que pasa o Camiño de Santiago".

Escoita activa da veciñanza

"Na parroquia do Carmen acometeronse obras de mellora e tamén se fixo o aglomerado na zona urbana do Couto, cunha inversión de preto de 100.000 euros, ademais do acondicionamento de camiños en Abidueiras, A Fabega, Ramís, San Carlos e Valoría", señala el edil, quien en el listado de actuaciones incluye también obras en Santa María Maior, Vilamor, Curros e Couboeira, na meirande parte dos casos demandadas polas respectivas asociacións de veciños, pues "a escoita activa da veciñanza e a planificación son fundamentais para poder cubrir tantos quilómetros de vías municipais e temos tamén planificación dos desbroces en vías en todas as parroquias", reitera Otero.

Máis en A Mariña