Mondoñedo anima a celebrar o Venres Santo saíndo ás fiestras con velas

Será ás nove da noite, a hora da procesión da Soidade, e soará o ‘Plorans' desde o consistorio
User comments
photo_camera Procesión de Venres Santo en Mondoñedo do ano 2014

Mondoñedo anima aos veciños a celebrar a Semana Santa cun acto simbólico este venres, ás nove da noite. Unha hora na que debería arrincar unha das procesións máis solemnes da Paixón mindoniense, a da Soidade, composta en exclusiva por mulleres.

Durante uns minutos, pídese aos mindonienses que salgan ás súas fiestras e balcóns portando veas, mentres desde o balcón da casa consistorial soará o ‘Plorans', composición do mestre Pacheco que, por desexo propio, só pode soar durante a Sema-na Santa en Mondoñedo e na Capela Real de Madrid.

Unha música á que se unirá desde O Cristo a corneta da banda de tambores da Venerable Orde Terceira Franciscana, que é a encargada da organización dos actos. Unha entidade que se fundou na cidade en 1734.

á singularidade do ‘Plorans', Mondoñedo suma a antigüidade de varias das súas imaxes, dos séculos XVI, XVII e XVIII, que son as mesmas desde o inicio da celebración no século XVI e que nunca se suspendeu ata a data. A Semana Santa de Mondoñedo é de Interese Turístico Galego desde hai tres anos.

Comentarios