A mocidade mariñá séntese atraída pola política pero é remisa a ingresar nun partido

PP, BNG e PSOE recoñecen que os mozos si se interesan por moitos temas pero populares e socialistas ven difícil a súa afiliación, mentres que o Bloque di ter máis que nos últimos anos
Daniel Castro. ÁLVEZ (AEP)
photo_camera Daniel Castro. ÁLVEZ (AEP)

"A mocidade pasa de todo", un dos tópicos máis recorrentes cando se fala desa franxa de idade non se corresponde en absoluto coa realidade. Polo menos segundo os responsables dos partidos políticos e os propios mozos. Non só non é así senón que en realidade é xusto ao contrario, a mocidade actual móstrase moi interesada en cuestións como a igualdade, medio ambiente ou avances sociais. Outra cousa é que ingresen nun partido político. Ese é un paso que moi poucos están dispostos a dar". 

As razóns que explican para iso as tres máximas responsables dos tres grandes partidos (PP, BNG e PSOE) na comarca son a degradación da vida política ou o respecto que aínda persiste moi vivo ao que dirán. Neste punto cabe apuntar que no Bloque o seu responsable comarcal, Ana Ermida, asegura que neste momento teñen máis afiliación nova que nunca nos últimos anos.

A presidenta provincial do PP, a mindoniense Elena Candia, que entrou en política aos 23 anos, recoñece que é necesario "facer un esforzo para achegarnos aos xóvenes", aínda que tamén matiza que levan gratas sorpresas "como dúas rapazas que hai só uns días me dixeron que se queren afiliar e aínda non teñen dezaoito anos, así que de momento non poden".

Candia admite que os mozos teñen prioridades "e é complicado que se impliquen, sobre todo en política local e máis aínda en concellos pequenos, onde a etiqueta de entrar en política percíbese como un problema, e por outra banda as persoas están sen definir e entrar en política non está nas súas prioridades, aínda que se teñen inquedanzas. Pero hai que chegar a eles porque a xuventude é a que dá vitalidade e forza, algo moi necesario en política".

Elena Candia, presidenta lucense do PP: "Hai que chegar máis aos rapaces porque eles son os que transmiten vitalidade e forza, algo moi necesario en política" 

BLOQUE. No BNG a súa responsable comarcal, Ana Ermida, asegura que na súa formación "nos últimos anos superamos unha época de dificultades e temos máis mocidade ca nunca". Explícao porque di que "facemos moitos esforzos para achegarnos a eles, tendemos liñas de diálogo directas e adaptamos moitas das nosas propostas ás súas necesidades, e facémolo de verdade. Eles percíbeno e por iso no BNG é onde máis participación de xuventude se dá". 

A xente que lles chega adoita vir máis ou menos informada do que fan, aínda que admite que "efectivamente, non participan moito activamente porque o propio sistema se adica a desmotivar aos rapaces. Callou o discurso do todos son iguais e iso é perigosísimo. Nós imos reconectando a base de reunións e moito traballo social, pero en xeral a sensación é que a política non é para xente normal, ao que se engade a presión social se vas nunha lista".

Ana Ermida, responsable comarcal do BNG: "Facemos moitos esforzos para estar preto da xuventude adaptándonos ás súas necesidades, e percíbeno" 

PSOE. A secretaria provincial do PSOE, Patricia Otero, sostén categoricamente que a mocidade si está implicada en política "pero cousa distinta é ir nunha lista. Pero si están moi comprometidos en cousas como igualdade, educación... Pero cústanos atraelos ás listas, aínda que houbo certo movemento para ben desde a elección de Pedro Sánchez, que creo que se percibiu como un sopro de aire fresco". 

Otero rexeita que a mocidade sexa individualista "porque se mobilizan para certas cousas, e cando hai un xiro electoral son eles os que o fan posible ao ir votar, iso está clarísimo". Pero integralos é difícil "porque a política dos partidos non lles interesa tanto, seguramente pola forma de facer política de agora, con rivalidades e formas que non lles atraen", ao que suma "que aínda é complicado ingresar nunha lista. A min pasoume, e xa era bastante maior, pero meus pais e amigos avisábanme de que podía perder clientes no despacho de avogados. Iso segue pasando". Así que o que propón é "facerlles percibir mellor o que facemos e que eles entendan que se somos unha forma efectiva de cambiar as cousas". 

Patricia Otero, secretaria provincial do PSOE: "A min dicíanme que podía perder clientela no despacho de avogados, e iso é algo que pasa e supón unha presión moi forte" 

Daniel Castro, ribadense e parlamentario do BNG con 25 anos: "Vin xa moi novo que a política é necesaria" 


O caso de Daniel Castro é singular porque tras as eleccións autonómicas de xullo do ano pasado converteuse no parlamentario máis novo militando nas filas do BNG, no seu caso ademais como integrante da súa formación xuvenil, Galiza Nova. Ten 25 anos e a política viviuna xa en casa, pois o seu pai foi concelleiro dese mesmo partido no goberno municipal ribadense ata o mandato anterior.

Él matiza que á hora de falar de integrarse en política distinguiría "entre acceder a un posto ou entrar a traballar. No meu caso non foi algo buscado nin moito menos. Con quince anos empecei a involucrarme e con 18 afilieime a Galiza Nova e polo tanto ao BNG. Era algo que me gustaba desde sempre pero unha vez dentro vin que se facía un labor necesario e funme involucrando máis e máis ata o punto de que xa me resultou imposible saír por gañas de facer cousas e de cambiar o que había. Cando me propuxeron ir de número 2 por Lugo foi unha gran sorpresa porque sabía que era posto de saída. Logo mediteino e aceptei, decisión da que non me arrepinto en absoluto". Daniel Castro. ÁLVEZ (AEP)

En todo caso, admite que entre a súa xeración "hai moi pouca xente metida de cheo" e varre para casa ao dicir que iso cambiaría se o resto de partidos actuasen como o seu, "onde se involucra moitísimo á rapazada", aínda que a continuación engade que cosa ben distinta "é o ámbito municipal. Aí sempre hai menos inclusión porque é algo bastante máis delicado". Pero volve mirarse a si mesmo para engadir que non cre que sexa casualidade "que os cinco parlamentarios máis mozos no Hórreo sexan do Bloque ou que sexamos o grupo parlamentar coa idade máis baixa". 

Sobre por que non dan o paso os seus compañeiros ou compañeiras cre que é "por varias razóns, como que no subconsciente moita xente segue crendo que a política é algo de señores maiores. E recalco oude señores, e maiores. É dicir, crese que só poden facelo homes de certa idade con traxe e gravata porque teñen medo de que non van dar o nivel. E iso esténdese aos propios parlamentarios, e polo que vin particularmente do Partido Popular, que cando se dirixen a deputados máis novos non contrargumentan nada, senón que parece que lles estorba que interveñas, e moléstame ter que dicir isto, pero actúan con certo paternalismo no vocabulario e na actitude só por seren máis novos ca eles, e iso ten que rematar e no me cabe dúbida de que rematará".

Castro cre que ese sistema do que fala de "señores maiores" prima un individualismo reinante "que fai máis complicado que un rapaz ou unha rapaza gaste parte do seu tempo libre en política, que vaia a asembleas ou se moleste por tratar as malas condicións da sociedade en eidos concretos e métase a facer un traballo en favor do resto da xente. Iso é algo que nos inoculan a través de todo o que vemos e afecta á hora de ter ou non ter empatía polos problemas do mundo no que vivimos". Na súa opinión "isto non acontece no BNG, onde a xuventude é escoitada. A xente percíbeo e por iso somos os máis apoiados pola xente nova". 

Maíca López de Prado, ribadense activista social que participou no PC, EU e unha candidatura independente: "A mocidade é igual, pero a política non" 


En plena Transición a ribadense Maíca López de Prado Nistal estaba mergullada en Oviedo nunha actividade sen fin. Con 17 anos xa integraba a Asociación Feminista de Asturias (Afa) e daba conferencias sobre case todo o que se pelexaba entón: aborto, divorcio, anticonceptivos... Vinculada a unha vertente do Partido Comunista, recorda que cada cousa que se facía era "a base de pelexar, había que reivindicalo absolutamente todo, case ata porte pantalóns. As mozas tiñamos problemas para saír de noite ou ir de cámping, era tremendo. O meu pai era moi estrito, pero si que é certo que en casa había moitos libros e nunca me puxo pegas por ler nada de nada, así que enseguida puiden ler cousas interesantes". A iso sumoulle que o seu instituto "foi o primeiro mixto de Oviedo, con profesorado do PC como David Ruíz, que nos falaba de dialéctica marxista. Algo impensable". 

Ela admite que todo iso xa non pode replicarse agora "pero si é certo que cando vexo á xente de agora, véxoos implicados aínda que noutras cousas, afortunadamente. Por exemplo en temas como o feminismo, o racismo, o medio ambiente... Todo iso peléxano, outra cousa é que o fagan desde dentro dun partido político, pero o pelexan, aínda que non sMaíca López de Prado. JOSÉ Mª ÁLVEZea como nós, que o faciamos ata para ter unha Constitución. Eu por exemplo estiven moi metida na liga Comunista Revolucionaria, que logo a metade fóronse ao PSOE e a metade a EU". 

O que non admite é o de que a mocidade pasa de todo ou non se implica "porque é totalmente falso. Na miña época moitísimos estaban enganchados polas drogas, algo que se promoveu abrindo a man e non perseguíndoas a fondo porque era unha forma de que non estiveses a pelexar nas rúas como faciamos nós. Diso estou convencida". 

A súa reflexión sobre o que sucede agora dá continuidade a esa crenza: "A mocidade é igual, pero a política non. Faise unha desmovilización pero agora doutra forma. Sobre todo a partir do ano 2000 ou así se fixo con esa imaxe que vénlle moi ben á dereita de que a corrupción política é cousa de todos e é igual en todas partes sen importar o partido que sexa, cando non é así en absoluto, iso é unha creación interesada para desmotivar e que a xente non se interese polos partidos políticos".

Ela militou tamén na primeira candidatura independente que se fixo en Ribadeo e nese aspecto cre que non se avanzou. "Xa entón os meus pais dicíanme que non debía mostrar tan abertamente as miñas ideas, sobre todo se quería traballar. Logo, ao abrir a tenda que teño, que non podía exporme tanto porque a xente non iría comprar, coma se por traballar de face ao público non puidese expor as miñas ideas políticas, e iso é algo que segue pasando a día de hoxe", lamenta López de Prado.

Pero a súa opinión é clara. "Teño moita confianza na mocidade. Cando se di que son individualistas paréceme que non máis que o fomos nós, o que pasa é que a esa idade aínda non es consciente do outro, porque niso consiste crecer, en facelo física, metal e emocionalmente. É entón cando te vas desprendendo un pouco de ti mesmo e miras máis ao colectivo. Pero a mocidade sempre terá esa característica individualista. O peor dano non é ese, é o da desmovilización, porque se fai de forma consciente como un obxectivo moi específico de parte do poder", conclúe.

Lucía Casas, sancibrense e integrante da directiva do Observatorio da Mariña pola Igualdade: "Os partidos son organizacións verticais" 


Veciña de San Cibrao, Lucía Casas é un dos exemplos palpables de moza desencantada co mundo da política e que, con numerosas inquedanzas persoais, prefire canalizalas a través doutro tipo de colectivos pero de corte social tras comprobar de primeira man que nos partidos políticos acaba por resultar complicado manter opinións individuais por certos temas. É algo que puido comprobar de primeira man xa que recorda que ela militou "bastantes anos, pero foi unha experiencia que non me gustou moito por iso, porque non hai moito espazo para as opinións individuais que se saian do que se supón que tes que defender porque se, porque esa é a postura, digamos, oficial". 

Ela descríbeo indicando que os partidos funcionan "de forma moi vertical, con moita visión imposta desde arriba e moi pouca capacidade de discusión sobre os temas que Lucía Casas. EPhai que tratar, algo que puiden comprobar porque se adoptaban decisións sobre distintas cuestións nas que logo non se aceptaban matices". 

Cando regresou a San Cibrao ao acabar os seus estudos recorda que tivo as súas dúbidas sobre o tipo de traballo que podía facer ou como canalizar esas inquedanzas. "Pensei que aquí ía ter menos posiblidade de facer cousas, pero ao entrar en Galegas 8-M vin que non era así, e algo máis adiante púxenme en contacto co Observatorio da Mariña pola Igualdade e vin que non era así, que sei se poden afrontar as cousas de xeito moi diferente, máis horizontal". 

Cre que precisamente un dos grandes problemas que teñen os partidos tradicionais á hora de achegarse á xente da súa xeración é que non son capaces de integralos dunha forma na que poidan expor as súas propias ideas sobre os problemas que lles afectan. "Para min atoparme os círculos e as asembleas abertas foi algo marabilloso, porque vin que eran espazos nos que poder expresarse sen ningún tipo de problema, algo que ata ese momento eu non sentira", recalca.

Sobre o que observa nos seus compañeiros de xeración acerca de por que non se animan a participar activamente en partidos, cre que sobre todo se debe "a que vemos o que está a pasar en xeral na política, e desanima totalmente". Admite que non debería ser así "porque nesta vida todo é política: se non temos área sanitaria propia iso pode facer que non operen axiña a teu pai; que non haxa fondos para bolsas de estudo pódeche dificultar ou mesmo impedir estudar. Todo é política". 

E por iso ve os partidos como un problema "porque se somos unha xeración política e reivindicativa, pero non seguimos as canles tradicionais. De feito, eu penso que conseguimos retos importantes pese ao que se di de nós. Por exemplo, en materia de igualdade. En xeral, non toleramos comportamentos machistas entre nós, e só se dan de forma illada. Estamos moito máis concienciados co medio ambiente que ningunha xeración anterior ou non adoptamos posturas algo absurdas, como facer ver que as enfermidades mentais non existen, algo que se trataba de tapar. Eu penso que ese tipo de cousas desterráronse coa miña xeración". 

No negativo cre que teñen a pel fina para algunhas cousas que non deberían "como o sentido do humor, que debería quedar fóra de certas discusións que se están dando", finaliza. 

Comentarios