O Ministerio inicia a experimentación con prototipos de sistemas antinéboa na A-8

Estes dous proxectos súmanse a outros dous de axuda á condución
Prototipos antiniebla. MINISTERIO DE TRANSPORTES
photo_camera Prototipos antinéboa. MINISTERIO DE TRANSPORTES

O Ministerio de Transportes inicia este luns a fase de construción e experimentación en campo con dous prototipos de sistemas para eliminar ou desprazar a néboa na autovía A-8 ao seu paso polo alto do Fiouco, entre os municipios de Mondoñedo e Abadín.

Estes dous prototipos súmanse ás probas que comezaron o verán de 2020 con dous sistemas innovadores que serven para axudar á condución en caso de néboa.

De tal forma, no próximo verán todos os prototipos -dous de eliminación de néboa e dúas de axuda á condución- estarán activos en fase de experimentación con eventos reais de néboa, informa o Ministerio nun comunicado.

As dúas propostas de axuda á condución consisten en: un sistema de balizamento lateral da vía con luz láser e un sistema de sinalización horizontal con tecnoloxía LED proxectada sobre a calzada.

Pola súa banda, as dúas propostas para eliminar a néboa son: un sistema de difusión automático por aspersores de materiais que absorben a humidade e un sistema que combina barreiras estáticas e barreiras dinámicas que empregan dispositivos fluído-mecánicos.

O importe total dos catro contratos de servizo é de 5,6 millóns de euros. Este proceso de compra pública innovadora está financiado nun 80% a través do Programa Innocompra do Ministerio de Ciencia e Innovación, mediante o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014-2020

De tal forma, unha vez validada a tecnoloxía ensaiada, procederase a unha contratación convencional para a construción dos sistemas antinéboa seleccionados para resolver a problemática existente

Comentarios