O Ministerio de Industria di que haberá saída para Alcoa se a empresa quere

O secretario xeral de Industria empraza a ver que solucións hai para Alu Ibérica 
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Raúl Blanco, secretario xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa. EFE

O secretario xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa, Raúl Blanco, afirmou que o Goberno traballa para atopar unha solución para as plantas de Alu Ibérica, na Coruña, e de Alcoa, en Cervo. 

Preguntado polos medios este martes na Coruña, explicou que o Executivo central mantense en contacto co comité de empresa e cos sindicatos. No caso de Alu Ibérica, sinalou que o administrador xudicial "está a traballar" e que "hai que ver que solucións vanse abrindo". E aínda que se mostrou confiado en que a haberá, apelou á prudencia nestes momentos. 

Respecto da planta de Alcoa, manifestou que espera que haxa novidades". O secretario xeral Industria sinalou que "a responsabilidade" está en Alcoa e asegurou que "haberá solución" para as instalacións da provincia de Lugo se a multinacional estadounidense "quere". 

Sobre a proposta da empresa para manter as operacións da planta de Cervo e non iniciar o despedimento colectivo ata o próximo verán, insistiu en que se está traballando" e "buscando un consenso" entre as administracións, o comité de empresa e os sindicatos. 

O secretario xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa realizou estas declaracións coincidindo coa súa presenza na presentación dunhas xornadas na Fundación Paideia. 

Comentarios