lunes. 16.12.2019 |
El tiempo
lunes. 16.12.2019
El tiempo

Industria cita o martes a Parter, Xunta e Principado para coñecer o plan para as plantas de Alcoa

Traballadores e Alcoa maniféstanse na planta da Coruña.CABALAR (EFE)
Traballadores e Alcoa maniféstanse na planta da Coruña.CABALAR (EFE)

O ministerio quere que o encontro sirva para coñecer o proxecto industrial do fondo suízo para as factorías da Coruña e Avilés

O Ministerio de Industria convocou para o martes o fondo suízo Parter Capital e representantes dos gobernos de Galicia e Asturias para "coñecer o proxecto industrial" que ofrece a compañía para facerse coas plantas de Alcoa na Coruña e Avilés. 

Segundo informou a Delegación do Goberno en Galicia, á vista de como avanzan as negociacións entre Parter Capital e Alcoa, o ministerio decidiu realizar a convocatoria para coñecer o proxecto do fondo, que xa foi presentado aos comités de empresa o venres. A reunión terá lugar o martes ás 15.00 horas, na sede de Industria. 

Alcoa negocia co fondo suízo Parter Capital a venda das plantas da Coruña e Avilés, tras non seguir no proceso para a compra o investidor alemán Quantum Capital Partners ao entender a empresa que non cumpría as garantías financeiras. 

Quantum Campital invita ao comité de Alcoa Avilés a coñecer as súas plantas
O fondo alemán Quantum Capital Partners, que inicialmente quedou fóra da poxa polas plantas de Alcoa na Coruña e Avilés, convidou ao comité de empresa da factoría asturiana a visitar as súas instalacións en Alemaña vinculadas ao sector do aluminio. Segundo informou o comité, a empresa pretende explicarlles o seu proxecto tanto técnica como económica e socialmente e puxo á súa disposición un asesor externo designado polos sindicatos para avaliar o seu proxecto con criterios "rigorosos e profesionais".

O comité de empresa aceptou a invitación e catro dos seus integrantes trasladaranse este luns ás instalacións de Quantum en Alemaña e designará o seu asesor para que se reúna cos técnicos do grupo investidor e avalíe o proxecto.

Industria cita o martes a Parter, Xunta e Principado para coñecer o...
Comentarios