martes. 24.05.2022 |
El tiempo
martes. 24.05.2022
El tiempo

Os campións Miguel López e Julia López lideran a liga de birlos de Xove

Julia López y Miguel López. AMA
Julia López y Miguel López. AMA
A próxima tirada terá lugar no centro social de Monte, o vindeiro sábado

Miguel López é novo líder da liga de birlos de Xove tras imporse na tirada celebrada no club de Palmeiro. López destronou do primeiro posto a Francisco Pérez, que concluíu na terceira praza da proba. Na terceira posición da xeral figura Daniel Alonso, mentres que Rafa González figura á expectativa do trío de cabeza.

Na liga sénior feminina segue arrasando Julia López, vixente campioa, que encadeou en Palmeiro o seu quinto triunfo seguido e conta xa con 27 puntos de vantaxe respecto de Belén Meitín, que, á súa vez, avantaxa en 7 a Carmen Roca, terceira.

A pelexa polo título sub-16 é unha das notas destacadas, con Xenxo Salgueiro por diante de Christian Cociña, aínda que cunha renda mínima. 

A próxima tirada terá lugar no centro social de Monte, o vindeiro sábado.

Os campións Miguel López e Julia López lideran a liga de birlos de...
comentarios