Mergulladores localizan de xeito casual en Ribadeo unha ánfora grega

O achado produciuse de xeito casual nas inmediacións do galéon Santiago e sería o obxecto máis antigo descuberto no ámbito náutico no norte peninsular 
Anfora griega y jarron hallados en Ribadeo.AMA
photo_camera Anfora grega e xerra achados en Ribadeo. AMA

Mergulladores da Armada Española pertencentes á Unidade de Mergullo de Ferrol (Ubufer) en coordinación co Servizo de Arqueoloxía da Xunta localizaron de xeito casual dúas pezas de barro, unha xerra e unha ánfora, nas inmediacións do galeón Santiago Ribadeo. Os especialistas cren que a última peza citada podería pertencer á cultura grega do século VI antes de Cristo.

En caso de confirmarse esa datación converteríase no obxecto máis antigo descuberto no ámbito náutico en todo o norte peninsular, o que tería gran transcendencia histórica e cultural. Mentres, a jarra pertencería ao século XVI.

O achado produciuse dentro da sondaxe previa á campaña de estudo do estado de conservación do galeón ribadense que está prevista para o próximo outono, baixo a dirección do arqueólogo submarino Miguel San Claudio.

Os novos restos, que se consideran alleos ao pecio do galón, serán incluídos na carta arqueolóxica da Armada, de acordo co Plan de Vixilancia e Protección do Patrimonio Arqueolóxico Mergullado, garantindo así o seu rexistro oficial e seguridade.

Máis en A Mariña
Comentarios