O mercado de Foz recupera os postos habituais

O alcalde lembra que seguen vixentes todas as normas de seguridade necesarias
Fozinte
photo_camera Mercado semanal en Foz. JOSÉ Mª ÁLVEZ (AMA)

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anunciou que o mercado semanal recupera este martes todos os postos habituais. Así, ademais de produtos agroalimentarios estarán instalados os de roupa, calzado e o resto de artigos.

Cajoto subliñou que seguen vixentes todas as medidas de precaución necesarias como manter a distancia mínima de dous metros ou non achegarse ao mostrador do posto ata que sexa a quenda. "Desde o Concello imos continuar dispoñendo da caseta con xel e con máscaras para os que non leven ese material", subliñou. Ademais, recordou que non está permitido manipular os produtos, xa que serán os propios vendedores, cos seus equipos de protección individual, os que achegarán os produtos que se desexe ver ou adquirir. 

"Pouquiño a pouco imos volvendo á normalidade, pero sempre sen descoidar as medidas sanitarias para que non haxa un rebrote e volvamos a unha situación anterior, que ninguén desexa", concluíu. 

Comentarios